O berce da gaita galega é Galicia, situada no noroeste de España. (Non confundir coa Galitzia polaca.) Atópase no norte de Portugal, bordeada por Asturias, Castilia e 1200 km de costa atlántica. Todolos camiños de Santiago rematan en Galicia porque a sua capital é Santiago de Compostela. Na praza da catédral, a "Praza do Obradoiro", onde chegan todolos peregrinos, podemos a menudo escoitar os sons da gaita que nos regalan as gaiteiras e gaiteiros, que tocan nun arco ao carón da catédral.
A xente é tamén distinta dun sitio ao outro. Hai diferencias entre a xente das distintas cidades, os que viven na cidade e os que viven no campo e ainda ma ís entre os habitantes que viven no litoral e os que viven no interior do país.
Máis hai unha cousa que todalas galegas e todolos galegos teñen en común: Están moi atados ao seu país, a "sua terra". A familia é os amigos desempeñan tamén un papel importante. Xúntanse arredor dunha comida rica pra charlar e darse as derradeiras novas. Frecuentemente falan castelán, e moitas veces tamén galego, unha lingua irmá do portugués, que naceu do latín falado. Unha letra típica da lingua galega é o "x", que en alemán se pronuncia como un suave "sch" e en francés como un suave "ch". En Santiago hai moitas posibilidades pra escoitar galego e nas festas se fala tamén moito en galego.
Hai innumerables motivos pra facer a festa: restas relioxiosas e festas na honra dos numerosos santos, festas culinarias como as festas da empanada, da tortilla, do queixo, do chorizo, do pemento, do grelo, da castaña, da zamburiña da sardiña, do percebe (foto a esquerda), do pulpo, do xamón, do aceito, do viño, festas de deporte e de asociacions, festas da aldea, festas de música e de artistas ... e moitas máis. Sempre se atopa un motivo pra facer a festa e, por soposto, a música non pode faltar!
Marabillosa Galicia ….. Un país con xente tan simpática ... cunha fantástica natureza ... unha historia movida e unha cultura
impresionante ... delicias culinarias ... unha lingua expresiva ... e unha música xenial.
Un país cheo de sorpresas!
Iso é bo momento pra facer unha pequena viaxe fotográfica ...