Marabilloso instrumento dun marabilloso país …. a gaita galega
Benvidas e benvidos a unha pequena viaxe ao mundo da gaita - a Galicia. Este marabilloso país "no fin do mundo", no extremo oeste da península ibérica, é o berce dun instrumento moi particular: o da cornamusa galega, a "gaita".
A gaita e a música galega son o espello do pasado e do presente de Galicia. As melodías alegres e dinámicas das "muiñeiras" nos lembran que en Galicia houbo moitos "muiños", que moaban trigo e millo mentres que a xente tocaba, bailaba ou cantaba a "muiñeira". Xotas e pasodobles refletan a ledicia de facer a festa e de bailar, nenembargo as marchas se tocan máis ben en ocasions solemnes.
Par min o máis importante é que "tocar a gaita" significa "pasalo ben", sentir ledicia e enerxía, compartir estas estupendas vivencias cos demáis e pasar todos xuntos momentos felices e alegres.
E un pracer enorme de tocar este instrumento tan particular e de saber cada vez máis. Nestas páxinas, quero presentar a gaita galega, dar informacions e espertar o interés pra a cultura e música de Galicia.
A música de gaita é tan variada e distinta como Galicia mesma ... Hai moitas cousas apaixonantes e interesantes a descubrir.
¡Imos! ¡Viaxamos ao mundo da gaita! ¡Viaxamos a Galicia!