Como funciona una cornamusa?
Cornamusas son un invento estupendo, porque o seu funcionamento é tan sinxelo como eficaz: O fol, unha especie de "bolsa" que enchemos con aire, sirve de almacén. Ao fol se liga o punteiro, que ten similitudes cunha frauta, así que un ou varios tubos sonoros chamados ronco, ronqueta, chillón. Cando apretamos co brazo sobre o fol, o aire sae pasando pola palleta do punteiro e o pallón do ronco que se meten a vibrar producindo o son. Os tubos sonoros emeton o son pedal, un "zumbido constante", e co punteiro tocamos a melodía. E decir que cun só instrumento temos todo un conxunto de sons: a melodía máis o son de ronco, ronqueta, chillón. Cada tubo sonoro emete únicamente un son, nenembargo como teñen afinacíon distinta, hai distintos sons. O aire almacenado no fol nos permite de respirar e de descansar mentres os dedos siguen tocando.
Hai cornamusas en moitos paises, con tamaños distintos, tonalidades diversas e xeitos de tocar moi diferentes. Asi hai por exemplo cornamusas en España, Alemaña, Francia, Italia, Bulgaria, Suecia, Polonia, Macedonia, Escocia, Irlanda, Lituania, Túnez … Algunhas son pequenas e feitas de coiro de cabra, outras son enormes e de coiro de vaca, outras son de materiais sintéticas como o goretex. Hai cornamusas que se colocan debaixo do brazo, outras que se tocan diante da barriga e algunhas funcionan aínda cun barquín.
Ao escoitar a palabra "cornamusa", moitos pensan automáticamente na cornamusa escocesa, a "Great Highland Bagpipe". Nenembargo, esta se distingue da gaita normalmente afinada en Do non só ao nivel da tonalidade, do volumen sonoro e da posición dos tubos sonoros, senon tamén en canto ao repertorio e ao xeito de tocar. Ainda dentro da familia das cornamusas chamadas "gaita" hai diferencias. Así o timbre, o xeito de tocar e o repertorio dunha gaita asturiana son distintos dunha gaita galega.
A gaita galega
Antigamente o fol estaba feito de coiro de cabra e levaba unha funda pola sua protección. Hoxe en día se empregan sobre todo materiais sintéticas. Polo "soprete" enchemos o fol con aire. A gaita dispón dun "punteiro", que na maioría das gaitas está afinado en Do. A gaita galega ten polo menos un tubo sonoro, o "ronco", que se coloca enriba do ombreiro esquerdo. Normalemente está adornado con frecos e borla. Moitas gaitas teñen tamén unha "ronqueta" que sae lateralmente do instrumento e que se coloca sobre o brazo dereito. Algunhas gaitas levan amáis un "chillón" que se atopa preto da ronqueta.
No caso dunha gaita en Do, o punteiro está afinado en Do, o "ronco" tamén e iso duas oitavas máis graves có punteiro, a "ronqueta" está afinada unha oitava máis grave có punteiro e o "chillón" no quinto grao da tónica unha oitava por debaixo do punteiro.
Tradicionalmente as gaitas galegas se construían en madeira de buxo, máis hoxe en día se emprega tamén o granadillo, unha madeira escura moi dura, o cocobolo de cor castaña así como outras madeiras finas.
1) Fol
2) Soprete
3) Punteiro
4) Ronco
5) Ronqueta
6) Chillón
7) Farrápos